A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia tivo a ben financiar dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024, o programa: NAUTICA INCLUSIVA 2025 coa finalidade de formar novos e novas  patróns de embarcacións de lecer, participar nos campionatos inclusivos de España e de Galicia de motonáutica, participar nas xornadas de vela e fomentar o turismo náutico inclusivo.

CURSOS

En colaboración con Impulsa Igualdade (antes Predif Galicia), realizáronse os cursos para obter o título de patrón, "licenza de navegación", nas localidades de Tomiño e Outes e prácticas en Sada coas embarcacións accesibles.

6 novos patróns con discapacidade (1 muller e 5 homes) e 4 acompañantes.

MOTONAUTICA

 Coas entidades deportivas Adeco Dea de Noia, Club Minauta de Vigo, Club Náutico Inclusivo Baixo Miño de Tui e o Club Os Navegantes de Sada nas probas organizadas en Outes, Portosín, Tui e Vigo pola Real Federación Galega de Motonáutica para os campionatos inclusivos de motonáutica de España e Galicia.

VELA

 Xunto coa Agrupación Deportiva Sodim, iniciáronse xornadas de vela en Portosín e na preparación dun crucero en Vigo.

TURISMO NAUTICO

Navegación pola ría de Muros-Noia para visitar a "Catedral" no río Tambre e desde Cangas pola ría de Vigo para visitar a Illa de San Simón nas actividades de turismo náutico accesible da Asociación Acudin.