A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia tivo a ben financiar dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024, o programa: NAUTICA INCLUSIVA 2025 coa finalidade de formar novos e novas patróns de embarcacións de lecer, participar nos campionatos inclusivos de España e de Galicia de motonáutica, participar nas xornadas de vela e fomentar o turismo náutico inclusivo.
